lunes, 11 de mayo de 2009

A que adico o tempo libre...

Ola a todos, quixera utilizar esta publicación para mostrarvos o que fago no meu tempo libre...

E móstrovolo por dous motivos:
  • Porque dunha enfermidade como o cancro tamén se sacan cousas boas ( ou, polo menos, é así como o quero ver eu)
  • e, por suposto, porque estou moi ilusionada co que fago!.

Nalgunha ocasión comenteivos que cando acabei a Radioterapia, empecei nun Taller de Coiro e que, gracias a iso, descubrín a miña auténtica vocación!.

Tamén lembro que vos comentei que tiven que ter un cancro para darme conta diso... e que me alucina ver que, cando estou a coser, entro nun estado de relaxación tal que me esquezo do mundo exterior. E pasan as horas e sigo e sigo... é unha pasada!!. E como isto se converteu en algo importante na miña vida, e levo case un ano facéndovos partícipes de todas as miñas importancias vitais... por todo isto, convídovos a que vexades o meu outro Blog:

O taller de Paula

Espero que vos gusten!!!.

Acéptanse críticas... pero halagos tamén, eh. jejeje!!

Bicos.