Hai uns días recibín un correo electrónico de Roberto, autor do Blog: Diario dun Zombi e responsable dun proxecto brillante: Un Blog de Blogs sobre o cancro.
Nel toparédesvos con publicacións interesantes doutros Blogs sobre o cancro como o de Isabel ou o de Carlos M Beltrán, o do propio Roberto ou o mio.
A finalidade do mesmo é obvia: concentrar as nosas vivencias co cancro nun mesmo lugar. Non coñezo mellor forma de axudar a todas aquelas persoas que buscan esperanza nas nosas palabras... que buscan información de primeira man con só un click. Non vos parece?.
Pois Roberto... só che podo dicir unha cousa: GRACIAS!!!!!
Paula.
P.D.: A dirección do Blog de Blogs é: http://www.blogsdecancer.com
(De tódolos xeitos, tamén vos deixo unha ligazón na miña sección "Blogs e Webs que sigo")