miércoles, 29 de julio de 2009

Interesante para ver, leer e saber

Hai uns días recibín un correo electrónico de Roberto, autor do Blog: Diario dun Zombi e responsable dun proxecto brillante: Un Blog de Blogs sobre o cancro.
Nel toparédesvos con publicacións interesantes doutros Blogs sobre o cancro como o de Isabel ou o de Carlos M Beltrán, o do propio Roberto ou o mio.

A finalidade do mesmo é obvia: concentrar as nosas vivencias co cancro nun mesmo lugar. Non coñezo mellor forma de axudar a todas aquelas persoas que buscan esperanza nas nosas palabras... que buscan información de primeira man con só un click. Non vos parece?.

Pois Roberto... só che podo dicir unha cousa: GRACIAS!!!!!

Paula.

P.D.: A dirección do Blog de Blogs é: http://www.blogsdecancer.com

(De tódolos xeitos, tamén vos deixo unha ligazón na miña sección "Blogs e Webs que sigo")

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Viñen atraido pola entrevista que saca hoxe O Faro; pero despois dun anaquiño debullando algún dos teus post; quedeime para percibir a mistura de vitalidade e crueza coa que afrontaches a tua historia.
Non che vou dar parabéns; so dicirche que ha ser un pracer voltar por esta tua Chousa de intimidades para profundizar no relevante "desas cousas pequenas", que son as que realmente importan.

Un bico dende estoutra Chousa